dragal2_portadalibro

Dragal II
a metamorfose do dragón

Mónica prepárase para acudir á Poza da Moura, mais a policía xa está a investigar o estraño roubo da igrexa de San Pedro.

A moza non sabe aínda que xa se coñece na vila a noticia da desaparición de Hadrián, nin que alguén vixía os seus pasos.

Mentres agarda por ela, Dragal descubre, por primeira vez na súa milenaria existencia, que os seus poderes son limitados.

Para recuperar o seu lugar privilexiado na escala biolóxica, o dragón ten que absorber a materia gris do cerebro de Hadrián e acadar a simbiose da súa alma.

Se consegue humanizarse o mundo será seu, mais do contrario...


 

Video de YouTube

A literatura galega está chea de historias fantásticas, que nos atrapan porque forman parte da nosa tradición oral e as levamos marcadas nos xenes. Nesa liña, Dragal mestura realismo e fantasía para recrear a historia imaxinaria do último dragón galego e o proceso da súa reencarnación nun mozo do século XXI.

Pero Dragal quixo ir máis aló e, no segundo volume, atopamos os seus alicerces nun dos dragóns mellor "documentados" do mundo, do que achamos referencias no propio Códice Calixtino.

Un dragón condenado á extinción, un famoso alquimista, unha orde de cabaleiros medievais que se conxura para preservar maxia de Dragal e acadar a súa reencarnación no século XXI, unha profecía…...







 
DRAGAL ®

© Elena Gallego Abad 2013


  Site Map