A historia de Dragal non sería realidade sen a participación dos personaxes que habitan nas súas páxinas.

Grazas a Hadrián achegámonos a un mundo fantástico, pero este non sería posible sen a intervención da súa amiga Mónica, sen o recendo das mazás de don Xurxo, sen as intrigas de Brais e sen a intervención doutros moitos personaxes, presentes e ausentes, e de lugares saídos do maxín, cos que esta novela se enche de verbas e silencios.

Ovo alquimico
Ao longo da triloxía mergullámonos na nosa propia historia, descubrindo a existencia dunha Fraternidade de cabaleiros medievais que agocharon un gran secreto nas catacumbas dunha igrexa medieval, San Pedro.


As vellas lendas da Poza da Moura tamén teñen unha estreita relación co alquimista Nícolas Flamel e a mesma Raiña Lupa...

Que sabían eles do último dragón galego?


 
DRAGAL ®

© Elena Gallego Abad 2013


  Site Map