Libro de visitas

Deixa a túa mensaxe na cripta do dragón

Publicar un nuevo mensaje


IES María S
oliño 
Montecarrasco, nº 3
36949 Cangas do Morrazo
Tfno: 986 30 10 82
..............
Preguntas a Dragal
Date 13/01/2012 09:52
Ola, Dragal!
Somos alumnos/as do IES Maria Soliño lemos a novela que escribiches: Dragal, a herdanza do dragón.
E descubrimos a páxina de correo de Dragal para mandarlle unhas preguntas sobre o libro, aquí chas deixamos.
1º Como foi todo o seu pasado?Por que tiña que ver todo isto co pobre de Hadrián, do seu pai, da nai, e da avoa de Hadrián?
2º Por que é malo Dragal?Por que Dragal quere apropiarse do corpo de Hadrián?
E tamén queremos preguntarche a ti, Elena: Como se che ocorreu escribir ese libro?
Brais,Paula,Sheila,Tomás,Iván,Fernando e Rebeca.
Saúdos,esperamos a resposta.





Nombre: Club de lectura Pantasmas de papel Correo: fesquio@gmail.com
Página Inicial:  http://www.pantasmasdepapel.blogspot.com  
País: NEDA (A CORUÑA) 
Fecha: 15 Nov 2011 14:23:18 GMT

Comentario: Ola: somos 6 alumnos dun club de lectura de 1º de Eso que nos estamos reunindo para falar deste libro. Costounos un pouco lelo pero agora estamos esperando saber qué pasa co dragón. Opinamos que probablemente Mónica conseguirá que Hadrián volva a ser humán. Xa o leremos. Saúdos desde Neda.



Nombre: IES A Basella 1ºESO B Correo: 
Página Inicial:   
País:   Fecha: 28 Mar 2012 10:32:34 GMT

Comentario: Ola Elena! Moitas grazas por virnos visitar, e deixarnos a túa sinatura para recordar a Dragal. Gustounos moito a conversa que tiveches connosco. Moitos de nós estamos esperando impacientemente a publicación de Dragal III e imos empezar a ler Dragal II. Ata outra, apertas! Alumnado de 1ºESO-B.



Nombre: 1º ESO A IES A Basella Vilanova de Arousa Correo: 
Página Inicial:   
País:   Fecha: 28 Mar 2012 11:46:19 GMT

Comentario: Ola Elena: Parabéns polo teu libro Dragal I, porque nos gustou moito. Queremos darche as grazas por vir ata aquí e ensinarnos cousas sobre a maxia galega, pola conversa que puidemos manter contigo e polo bo trato que nos deches. Estamos agradecidos polas túas dedicatorias. Esperamos que Dragal II e Dragal III sexan tan interesantes coma o primeiro. Desexamos volver verte. 1º ESO A IES A Basella.



 
DRAGAL ®

© Elena Gallego Abad 2013


  Site Map