Sabes moito sobre gárgolas ou dragóns?
Tes debuxos ou relatos sobre seres fantásticos galegos?
Envíanolos!
 
 GÁRGOLAS E DRAGÓNS

Portico Notre DameA fachada da vella igrexa de San Pedro está chea de enigmáticos símbolos, como acontece en moita outras edificacións cristiáns de orixe medieval que temos moi preto.

Entre outros elementos decorativos, os construtores da Idade Media colocaban nos desaugadoiros dos tellados de igrexas e catedrais as coñecidas gárgolas.

Pero neste tipo de edificios tamén
Ollada-da-Gargolaé habituala presenza doutros monstros e
 seres fantásticos, que no seu caso xa foron
instalados nas fachadas ou tellados logo de rematada a obra de construción.

É o caso das quimeras, que teñen por obxecto intimidar aos pecadores. Entre as máis coñecidas do mundo están as da catedral de
Notre Dame, de París.

Quimeras

En Dragal atopamos un dragón de pedra Dragóns interior igrexaacaroado na fachada da igrexa de San Pedro, pero tamén hai terroríficos dragóns no interior do templo.

O dragón é unha imaxe presente dende a máis remota antigüidade
en todas as culturas do mundo,
pero a súa presenza non sempre ten a mesma interpretación.


Será un monstro terrible que defende os seus tesouros ou un ser máxico que protexe os poderes  dos últimos alquimistas?

 

 
DRAGAL ®

© Elena Gallego Abad 2013


  Site Map